Se non podes ver correctamente este mailing fai click aquí
Mambo
Aberta Contratación 2013
MAMBO é unha orixinal proposta teatral, un quebracabezas en construción, un xogo para tempos de crise que precisa so dezaseis palabras, catro actores, un caixón, unha alfombra e unha coroa. Con esta síntese de elementos técese unha divertida trama parodiando grandes asuntos tratados na literatura dramática universal: a ambición, o desexo, a loita polo poder, a manipulación, o amor, a autoafirmación como persoa... O CABLE INGLÉS presenta esta singular produción que sorprendeu aos críticos e cautivou ao público na súa estrea en Vigo a comezos de ano.

MAMBO conta a historia de Manolo e Ramón, dous amigos que, fartos dunha insulsa vida no seu país, Galakistán, fuxen cara unha Inglandia idealizada, onde esperan atopar unha vida mellor. Os seus parecidos co rei de Inglandia (Floid) e o seu intrigante irmán bastardo (Larry), enredaranos nun conflito dinástico pola loita do poder. A cortesá Paca, namorada de Larry e desexada por Floid, rebelarase contra a utilización que os irmáns fan dela como muller obxecto.

A partir de aí, desenvólvese unha historia firmada por Juan Antonio Castillo, bastante shakesperiana no seu argumento e moi sinxela no seu formato escénico (a cargo de Iván R.) que ten a vantaxe de empregar un código lingüístico único, entendible en case todo o planeta. Quedou demostrado na estrea en Vigo o pasado febreiro, onde a meirande parte das case 500 persoas que acudiron a vela abandonaban a sala falando en ‘lingua mambo’. Con palabras como amore, mambo, power, peseta, stop, whiski ou revolution os catro actores de MAMBO conseguen contaxiar a un público que comeza a función desconcertado e rematáa abducido.

Algúns chámanlle “neo comedia da arte”, outros descríbena como unha mestura de clown, comedia da arte, realismo e surrealismo... sen chegar a ser ningún deles. O que MAMBO é ou non é aínda está por dicir. De momento, Xoán Abreu (actor e director do espectáculo), Machi Salgado (actor), Fran Peleteiro (actor) e Antela Cid (actriz), conseguiron arrincar gargalladas a eito e contaxiar ao público da súa particular linguaxe. Vigo quedou conquistado. Agora comeza a conquista de Galakistán e se se poñen poden chegar ata Inglandia.
ficha artística

Título: Mambo
Autor: Juan Antonio Castillo
Produción: EscénaTe
Director: Xoán Abreu
Deseño Escenografía e Vestiario: Iván R.
Realización de Vestiario: Lola Barral
Deseño Imaxe: Iván R.

Manolo (Fran Peleteiro)
Larry, irmán bastardo do rei (Fran Peleteiro)
Ramón (Machi Salgado)
Floid, rei de Inglandia (Machi Salgado)
Paca (Antela Cid)
Mandela (Xoán Abreu)


redes galescena.info

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Rede Galega de Salas
Camiños da Cultura - Circuitos Culturais



ficha técnica

Escenario:
Medidas mínimas 7 m. ancho x 5 m. fondo x 5 m. alto
Cámara negra italiana

Iluminación e Son:
Este espectáculo non precisa de ningún equipamento técnico


Contratación e Distribución Galicia:
Nuria Pérez  |  O Cable Inglés
m. 695 881 074 |  nuria@ocableingles.com
www.ocableingles.com/management  |  info@ocableingles.com
De conformidade co establecido na LOPD, O Cable Inglés S.Coop. Galega garante a adopción das medidas necesarias para asegurar o tratamento confidencial dos datos de carácter persoal. Así mesmo informámoslle da inclusión dos seus datos nun ficheiro debidamente inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos do que é responsable O Cable Inglés S.Coop. Galega, e que ten a finalidade de ofrecerlle os nosos produtos e servizos. Se o desexa, pode vostede exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando un e-mail a info@ocableingles.com co asunto “BAIXA”.