Redes sociais
O Cable Inglés amplía a súa presenza social en Instagram
É unha das redes que conta con máis persoas usuarias en todo o mundo e cunha gran proporción de perfís activos.
A cooperativa cultural O Cable Inglés amplía a súa presenza social á rede social Instagram, unha das que conta con máis persoas usuarias en todo o mundo e cunha gran proporción de perfís activos.
Nesta rede social primará o seu contido máis visual, incorporando publicacións multimedia que incentiven a interacción. Ademais, empregará novos formatos, non singulares doutras canles, que potencien o uso do vídeo, como o IGTV ou os reels.
Aínda que menos que outras redes, incentivará o tráfico á web a través dun enlace múltiple e difundirá contido inmediato e efémero a través das súas historias.