Reportaxes

O tenis de mesa en Galicia

Por Enrique Blanco

Equipo de tenis do Cable no seu boletín corporativo The Zodiac, 1913.

No ano 1918 xa se xogaba ao ping-pong en Vigo, aínda que en domicilios particulares, segundo recordaba na súa época don Manuel Sanjurjo Otero, prestixioso industrial vigués. Non cabe dúbida de que moito tiveron que ver nesta pronta implantación en Galicia deste deporte os funcionarios británicos do Cable inglés, entidade de comunicacións que se estableceu en Vigo a mediados de mil oitocentos e que trouxo á cidade olívica a práctica do tenis de campo.

Xa a partir de 1927 téñense noticias de competicións entre entidades que, segundo manifestacións de Pancho Rey e o portugués afincado en Vigo, Víctor Homen de Almeida -quen habería ser años máis tarde o cónsul perpetuo do seu país na cidade-, empezouse a practicar nos locais que dispoñía o Real Club Náutico no edificio do Gran Hotel, situado na rúa Policarpo Sanz asomando á praza da Porta do Sol. Neste mesmo ano celebrouse un partido internacional amigable entre o Académico Fútbol Clube de Porto e o Real Club Náutico de Vigo, vencendo os lusitanos por 5-0, con Mario Duarte, Nuno Cardono e Víctor Homen de Almeida, facéndoo polos vigueses Owen, Mayers e Rodrigo Alonso, o que fai supoñer que os dous primeiros eran ingleses afincados en Vigo e moi probablemente funcionarios do Cable Inglés.

Dous anos despois celebrouse un encontro entre os equipos do Cable Inglés e o Real Club Náutico, única sociedade na que, por entón, se practicaba o tenis de mesa, destacando xogadores como Fernando de Haz -posteriormente promotor das Federacións Galegas de Tenis e Tenis de Mesa-, Telis de la Riva, Camilo Molins, Pancho Rey, Fefecho Bárcena, etc.

Foi precisamente no Real Club Náutico onde se celebrou en 1931 o primeiro campionato de Vigo en damas e cabaleiros, gañándoo en mulleres Marina Conde, e en homes Pancho Rey.

Equipo de tenis do Cable.

A Federación Galega creouse en Vigo en 1943 a instancias de Fernando de Haz. O seu primeiro presidente foi Fernando Molins, sucedéndolle ao ano seguinte Quintín Alonso Gil, quen traduciu ao español el Regulamento do Tenis de Mesa Francés. Os primeiros campionatos oficiais de Vigo celebráronse no Club de Campo, sendo campión Segundo Puga.

En 1946 accede á presidencia federativa Pedro Fernández do Pazo e organiza por primeira vez os Campionatos Galegos, en Vigo, conquistando o título individual Segundo Puga. En 1947 dispútanse os Campionatos Galegos na Coruña, con Arturo González como ganador individual. En 1948 proclámase campión Victor García, do Náutico de Vigo. En 1950 aparece Alfonso Cabanelas, gañando a final do Galego a Víctor García, revalidando ano tras ano, as máis das veces con Monge como finalista. Este derrotaría a Cabanelas nos anos 56 e 60.

Canchas de tenis da residencia ubicada na rúa Taboada Leal.

En 1957 é nomeado presidente Vicente Fernández Rodríguez, quen sucede a Antonio Freire Costas. Dous anos máis tarde faise cargo da presidencia Federativa Galega Arturo González Meira. En 1961, por disposición superior, desaparecen as Federacións Rexionais e xorden as Provinciais. Este ano celébranse os Campionatos Galegos na Coruña coa participación de xogadores coruñeses e vigueses, copando estes últimos todos os títulos e o individual unha vez máis Cabanelas. En 1971 por primeira vez un galego, o vigués José Moredo, alcanza a internacionalidade absoluta en dos ocasiones.

A Federación Galega volveu a constituírse no ano 1989, baixo a presidencia de Eugenio Monge Lozano, respondendo ao novo organigrama Federativo Nacional.

Participantes nun torneo mixto de lawn tennis.

Vigo foi a cidade, despois de Madrid e Barcelona, que primeiro organizou un Campionato de España (1953), o que repetiu en 1964 e 1978. En Vigo disputouse tamén o primeiro Campionato de España Xuvenil (1964), a Copa Ibérica (1996) e o Campionato de España de Veteranos (1997), ademais do partido Internacional Absoluto España-Yugoslavia (1999) e agora o amigable España-Portugal (2000). Un vigués, Enrique Blanco Fernández foi escollido presidente da Federación Española en 1981, despois dunha longa hexemonía catalá no cargo, intercalada co madrileño Carlos Spinelli. Dous Campionatos de España de Xuveniles se desenvolveron na Coruña (1973) e Ferrol (1988) e outro de Veteranos en Cambados (1993). Tamén se celebrou en Narón o Campionato de España Absoluto no ano 1991, así como en Ortigueira un Torneo Nacional Infantil-Xuvenil e en Ferrol o Torneo Nacional Alevín, Infantil, Xuvenil e Sub-21 deste último ano. Así mesmo constituíuse en Vigo a Confederación Iberoamenicana de Tenis de Mesa (1981) celebrándose os primeiros xogos no Círculo Mercantil con doce nación participantes.

Voltar

 



Ponte en contacto con nós no (+34) 986 071 891 ou 650 579 208
Escríbenos a info@ocableingles.com

colaboran:

O Cable InglésArquivo CabanelasGrismedio Studio